Exposición Motos históricas. Cen anos sobre rodas
Desde o 26 de abril ata o 15 de xullo exhíbese no Edificio Sarmiento do Museo
a exposición Motos históricas. Cen anos sobre rodas. Nela
expóñense 58 motos –dun total de 131- do coleccionista pontevedrés Manuel Gómez
González, co que colabora o seu fillo Rubén.
As motos que se amosarán abarcan cronoloxicamente desde finais do século XIX ata finais do XX.
Os visitantes desta mostra poderán gozar de pezas tan especiais coma un dos primeiros triciclos realizados en serie por De Dion Bouton en 1897, unha Griffon de 1902 ou unha Monet Goyon de 1922, que resolvía, condicionada pola súa escasa potencia, o uso do sidecar fabricándoo nun material tan lixeiro como o vimbio. Verán tamén as míticas Harley Davidson e Indian, sempre en competencia durante toda a primeira metade do século XX; a FN Sáhara, a primeira moto capaz de cruzar o deserto do Sahara en 1927; máquinas españolas tan emblemáticas como Montesa, Ossa ou a invencible Bultaco; e as xoias da colección: trece motos monocilíndricas saídas da fábrica bávara BMW, serie completa única no mundo. Destaca a BMW R 39, a primeira moto monocilíndrica fabricada pola marca para competición e das que, hoxe en día, só están catalogadas tres máis.
A exposición supón unha ocasión única para contemplar, en Pontevedra, estas pezas completamente restauradas polos coleccionistas e os seus equipos.
Permanecerá aberta ata o 15 de xullo no seguinte horario:

- De martes a venres: de 17:00 h a 21:00 h
- Sábados: De 11:00 h a 14:00 h e de 17:00 h a 21:00 h
- Domingos e festivos: De 11:00 h a 14:00 h
- Luns: pechado
No hay comentarios:
Publicar un comentario