Y EL DIA 17 TAMBIEN FEGACLASIC.
LAS DOS COSAS SON PERFECTAMENTE COMPAGINABLES, Y OS ANIMAMOS A ASISTIR A AMBAS.
COPIAMOS A CONTINUACION EL BOLETIN INFORMATIVO DE FEGACLASIC:
FEGACLASIC
Nova edición da feira do automóbil clásico e antigo de Pontecesures
No medio da polémica polo desencontro co equipo gobernante no concello de Pontecesures, a IIIª edición da feira cunha imaxe renovada, arranca en maio.
O 16 e 17 de maio do 2009, coincidindo coa celebración do Día das letras Galegas, celebrarase en Pontecesures, na zona do peirao, a IIIª edición da Feira do Automóbil Clásico “Fegaclasic”. Este ano cun programa máis ambicioso e que ten por obxectivo proxectar a feira cara o futuro, converténdoa nun referente a nivel galego, para todas as persoas afeccionadas ao automóbil clásico e antigo. Como na edición do 2008, a feira contará con todo tipo de exposicións e mostras de veículos. Haberá repostos de todas as marcas e actividades lúdico-didácticas pensadas para os máis cativos. Nos vindeiros días, a asociación Mirándolle os Dentes, fará público o programa completo da feira 2009. A asociación, logo do desencontro producido co equipo gobernante no concello, motivado por unha clara discrepancia en relación coa relevancia e función da feira, decidiu realizar a convocatoria nunhas datas que consideramos máis axeitadas e, especialmente, desvinculadas da festa da lamprea. O obxectivo desta estratexia non é outro ca o de non misturar dous eventos que teñen dinámicas diferentes e que, se queren medrar e ter entidade própia, han de realizarse por separado. Este foi sempre o obxectivo da asociación e perfectamente coñecido e compartido polo concello ate este ano que, sorpresivamente para nós, descolgouse da colaboración e realizou a convocatoria pola súa conta, mesmo rexistrando o nome para impedir que a asociación pudese continuar coa súa iniciativa. A asociación cultural Mirándolle os dentes desexa facer un chamamento á cordura dos nosos gobernantes e agarda a súa colaboración con Fegaclásic, porque entendemos que é a feira que realmente recolle o espírito dos pioneiros do ano 1925, dándolle un novo impulso a partir do ano 2007. Ademais, queremos realizar unha chamada á colaboración con Fegaclasic de todas as persoas que así o desexen. As persoas interesadas poden dirixirse a calquera integrante
da asociación ou através da páxina web, utilizando os enderezos electrónicos que figuran na páxina de contacto.
Espazos gratuitos para expositores e vendedores Rúa Novo Núñez, 22 - 3º E • 36640 Pontecesures • Teléfono: 620 19 82 00 • Correo electrónico: mirandolleosdentes@hotmail.com 16 e 17 de maio/09 PONTECESURES • PONTEVEDRA

1 comentario:
vai choveeeerrrrr
Publicar un comentario